ConcellosÚltima horaVilamartín

Incendio na cheminea dunha vivenda en Córgomo (Vilamartín)

 

Na tarde deste xoves 28 de novembro producíase un incendio nunha vivenda en Córgomo, na estrada do Mazo, en Vilamartín de Valdeorras.

O aviso no 112 Galicia saltaba minutos antes das cinco e cuarto e ata o lugar dos feitos desprazábanse os bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras, Protección Civil de Vilamartín de Valdeorras e Garda Civil.

 

 

Tal como explican dende os serizos de emerxencia, o lume orixinouse na cheminea (con parte de madeira) por onde se extendeu o lume, todo na parte exterior superior da vivenda, sen ter que lamentar danos persoais.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button