En portadaÚltima horaVídeos

Incendio nas instalacións de Cedie, no Barco de Valdeorras

 

Na tarde deste luns 28 de febreiro producíase un incendio nas instalación de Cedie, no Barco de Valdeorras. O aviso saltaba ao 112 Galicia ás 18:38 horas, cando unha enorme columna negra sobresaía entre os edificios da vila valdeorresa.

Desde o CIAE 112 Galicia requeriron a intervención dos Bombeiros de Valdeorras, de Monforte de Lemos e Verín, do GES de Valdeorras e da Veiga, de medios forestais, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Barco de Valdeorras. Ademais, os xestores do 112 alertaban as autoridades medioambientais e ao Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias.

O lume afecta a tres naves da fábrica. Segundo o alcalde do Barco, Alfredo García, na que estaba a resina xa ardeu e as chamas afectan a outras dúas.

 

 

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos. Dende o Periódico O Sil agrademos a colaboración das diferentes persoas que amablemente nos fixeron chegar estas imaxes.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button