OurenseÚltima hora

Incendio nun edificio deshabitado na rúa de Reza, en Ourense

 

A “intervención da Policía Local e dos Bombeiros de Ourense conseguiu esta mañá controlar un incendio que se produciu sobre as 5.00 h no edificio número 4 da rúa Reza”, indican dende o Concello, explicando que, un operativo formado por máis de 20 efectivos de ambos servizos municipais “traballa desde esa hora na zona tras recibir aviso, a traves dunha chamada telefónica, do incendio, que comezou nun edificio deshabitado, no número 4 da rúa de Reza, e se extendía a través da cuberta aos colindantes, números 2 (deshabitado) e 6 (con uso de almacén) da mesma rúa. Os bombeiros realizaron os traballos de extinción do incendio e evitaron que continuase a súa expansión cara aos colindantes”. Mentres tanto, a Policía Local colaboraba nos traballos e cortaba ao tráfico as rúa de Reza e do Progreso.

 

 

O incendio non causou danos a ningunha persoa, con todo, como consecuencia da intervención que se leva a cabo na zona, un dos locais comerciais da rúa do Progreso, (unha óptica), non pode desenvolver a súa actividade. O dispositivo de seguridade continuará esta tarde. Tamén se está a desenvolver a investigación para determinar as causas do incendio.

 

Artigos relacionados

Back to top button