CarballedaConcellosÚltima hora

Incendio nunha edificación de San Xusto (Carballeda de Valdeorras)

 

Contra as 11:15h. deste domingo 19 de abril os servizos de emerxencia eran alertados por un aviso de incendio nunha edifiación, anexa a unha vivenda, situada en San Xusto (Carballeda de Valdeorras). O lume producíase na cheminea do inmoble, que fora restaurado recentemente. A rápida reacción da veciñanza e a inmediatez coa chegaron os efectivos de emerxencia permitiu controlar o incendio.

Ata o lugar desprazábanse a Garda Civil, GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button