A RúaConcellosÚltima hora

Incendio nunha nave de tratamento de madeira, na Rúa

 

Na noite do xoves 13 de outubro producíase un incendio nunha nave de tratamento de madeira, na Rúa. Concretamente, e tal como explican dende o 112 Galicia, as chamas afectaron aos dous andares da instalación. “No andar inferior ardeu un tractor e maquinaria, mentres que no superior o lume queimou unha pequena cantidade de madeira”.

Os feitos tiñan lugar na rúa Antón Noriega, pasadas as 23:30 horas, momento no que o 112 Galicia recibia a alerta do incendio a través de particulares, requerindo a intervención dos bombeiros, do GES Valdeorras, da Garda Civil e de Protección Civil.

Tamén foron infrormadas as Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e as autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button