ConcellosÚltima hora

Incendio nunha vivenda no casco urbano de Trives

A rápida reacción de dous dos residentes no inmoble, voluntarios de Protección Civil, permitiu controlar o lume antes de que chegaran os efectivos de emerxencias: Protección Civil de Trives, o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil
Incendio na rúa Marqués de Trives.

Arredor das 22h. da noite do 22 de xaneiro producíase un incendio nunha cheminea dunha vivenda na vila da Pobra de Trives, en concreto na céntrica rúa Marqués. O lume foi controlado con gran rapidez por dúas das residentes da vivenda (nai e filla) que son voluntarias de Protección Civil de Trives e que recentemente viñan de recibir formación para actuar neste tipo de situacións. Isto permitiu sofocar o lume e evitar que tivese maiores consecuencias mentres chegaban os efectivos de emerxencias.

Para sofocar este incendio tamén interviñan Protección Civil de Trives e o coche Bomba de Trives, o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil.

 

Accidente por atropelo dun xabarín

Na mesma noite do 22 de xaneiro, sobre ás 00h., Protección Civil de Trives recibía un novo aviso. Desta volta era por un accidente de tráfico. Os voluntarios desta agrupación e a Garda Civil desprazábanse de inmediato para intervir ante un acccidente que se producía na estrada OU-703 (á altura de Cova) debido ao atropelo dun xabarín.

Fotos cedidas por Protección Civil da Pobra de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button