SanidadeÚltima hora

Inician a súa carreira profesional 9 novas enfermeiras formadas en Ourense

Remata a primeira promoción de Enfermeiras Especialistas en Pediatría formadas na Área Sanitaria de Ourense

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras despedía esta mañá nun acto presencial, sen quendas nin limitación de aforo, ás novas nove especialistas de enfermería (EIR) que remataron a súa formación postgrao en Atención Familiar e Comunitaria, Obstetricia e Xinecoloxía (matronas), de Saúde Mental, e Pediatría, estas últimas son xa primeira promoción desta especialidade en Ourense.

Por vez primeira as enfermeiras especialistas celebran este acto de xeito separado do resto de residentes, debido aos numerosos cambios que a pandemia impuso no calendario de inicio da formación especializada nas distintas disciplinas. De feito, o remate do curso dos médicos internos residentes (MIR) psicólogos (PIR) e farmaceúticos (FIR) rematou este ano en maio.

Por especialidades, este ano rematan tres Atención Familiar e Comunitaria, dúas Obstetricia e xinecoloxía (matronas), dúas Saúde Mental, e dúas de Pediatría. Estas ultimas son a primeira promoción desta especialidade en Ourense, e todas elas permanecerán vencelladas laboralmente na Área Sanitaria de Ourense nas súas respectivas especialidades.

Todas elas superaron unha dura etapa de aprendizaxe, de dous anos na que a declaración da pandemia veu a alterar a súa rutina formativa e circuítos de traballo, e na que o seu esforzo foi fundamental.

Traballando en primeira liña

Os residentes que agora rematan, contribuiron desde os seus servizos ou formando parte dos dispositivos que se abriron para loitar contra a pandemia, como o servizo de atención telefónica ESCAH, na atención as residencias integradas de Os Miragres e Piñor, ou organizando respostas innovadoras a esta crise, como co envio a domicilio de medicación organizado desde Farmacia, o telefono de atención de Pediatría, de Xinecoloxía; no seguemento proactivo deste atención primaria…

“Unha vez mais, desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento ao masivo compromiso e dispoñibilidade, así como do conxunto de todos os e as residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario”, sinalan dende este departamento.

A apertura do acto de clausura do curso correu a cargo do xerente Félix Rubial, sendo tras a entrega de diplomas, Antonia Iglesias Santos, matrona e veterana supervisora de partos -unha das poucas profesionais en activo dos que inauguraron o Materno Infantil-, a encargada de impartir a conferencia maxistral. Seguidamente participaron a representante das residentes, Cecilia Merino, nova especialista en enfermería pediátrica, e o presidente da Comisión de Docencia, Jesús García Mata, a xefa de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria, Sandra Pardo e a subdirectora de Enfermería, Ana Gómez.

Como xa vén sendo unha tradición os novos especialistas recibiron un alfinete de prata “Unha ponte cara á saúde” peza única deseñada polo escultor ourensán Manuel García “Buciños”.

Artigos relacionados

Back to top button