CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Iniciativa solidaria do CD Barco en favor dos damnificados polo incendio en Valdeorras

O 10% da venda das novas camisetas do club barquense irá destinado ás persoas afectadas pola vaga de lumes na comarca

 

O vindeiro 13 de setembro, un día antes do Cristo, poranse á venda as camisetas do CD Barco para a tempada 2022/ 2023, cun forte carácter solidario.

Tal como informa o presidente do club, Nilo Ramos, “cambiáselle o borde azul polo negro a modo de repulsa por todos os lumes que leva habido este ano e en solidariedade coas persoas afectadas”, di, adiantando que o 10% da venda destinarase aos damnificados na comarca de Valdeorras. Estarán dispoñibles a partir do día 13 a 35 euros.

Con respecto ao novo deseño, a camiseta será tamén unha homenaxe ao viño. Leva na parte inferior a imaxe dun vendimador co seu cesto “en homenaxe ao mundo da viticultura que tanto empeño leva posto no traballol diario para que os nosos viños se coñezan a nivel profesional e, de paso, devolverlles as súas mostras de cariño ao club”, di Ramos, explicando que a imaxe está sacada dunha figura de Esculpedra que vixía todo o val subindo a Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button