DeportesÚltima hora

Intensa fin de semana para o Club Voleibol San Martiño con 5 partidos a domicilio

O club ourensán conseguía tres vitorias nos seus desprazamentos a San Sadurniño, Monforte e Vigo

A todos os equipos do Club Voelibol San Martiño en competición lles tocaba desprazarse na fin de semana do 4 e 5 de novembro, para xogar os seus respectivos encontros, tres o sábado e dous o domingo.

Na mañá do sábado desprazáronse ata San Sadurniño (A Coruña) os equipos infantil e sénior de 1ª división autonómica, con resultados moi dispares. Tal como explican dende o club ourensán, as máis pequenas do equipo infantil Escola Municipal Pabellón Ourense enfrontábanse ao equipo de San Sadurniño, perdendo por un 3-1 con parciais de 25-21/25-21/17-25/25-20. O equipo sénior pola súa banda, marcou o ritmo de xogo de principio a fin logrando dobregar ao San Sadurniño por un contundente 0-3 con parciais de 15-25/15-25/24-26. “Con esta vitoria o equipo de Dompa Gestión afiánzase na 4ª posición, seguindo a súa progresión”, aseguran dende Ourense.

No último partido do sábado, o equipo cadete Dompa Gestión enfrontábase ao Korbis no seu desprazamento a Monforte de Lemos. O partido comenzou cun bo xogo do equipo ourensán que non deixou moitas opcións aos locais. Ao final 2-3 con parciais de 17-25/17-25/25-22/25-16/10-15, a segunda no que vai de liga, coa que os cadetes do Dompa escalan postos ata a metade da táboa.

O domingo día 5 os outros dous equipos do Club Voleibol San Martiño desprazáronse ata Vigo. O equipo xuvenil Dompa Gestión xogaba contra o Teis ao que vencía 1-3 con parciais 25-22/19-25/11-25/14-25, manténdose na primeira posición sen perder ata o momento ningún encontro. O equipo sénior de 2ª división pola súa banda, xogaba contra o Black Voleibol, un encontro que perdía 3-0 con parciais de 25-9/25-21/25-23, baixando ata o 4º posto .

Tres vitorias de cinco partidos, todos a domicilio, para o Club Voleibol San Martiño, con “bos momentos de xogo e bos resultados, e tamén encontros para comprobar cara onde se ten que ir encamiñando a melloría do xogo para chegar a bos resultados”, aseguran dende o club, lembrando que en case todas as categorias os equipos seguen con opcións de loitar polo ascenso.

Artigos relacionados

Back to top button