OurenseÚltima hora

Intensa fin de semana de triatlón para o Club Natación Pabellón Ourense

O xuvenil Mateo Gil subía ao podio na proba do Circuíto Galego de Duatlón disputada en Muros

 

Campionato de España de Duatlón en Avilés e proba do Circuíto Galego de Duatlón en Muros. Son as dúas competicións nas que participaba esta fin de semana a sección de triatlón do Club Natación Pabellón Ourense (CNPO).

Na primeira, Roi Naranjo conseguía a praza 62 dun total de 150 participantes na categoría xuvenil, mentres que Uxía Campos, na mesma categoría acadaba a praza 42 dun total de 150 participantes femininas. Na categoría cadete, Leyla Villar quedaba fóra da carreira por entrar antes de tempo no box.

Na segunda competición, os integrantes do club ourensán tamén estiveron á altura das circunstancias, destacando o primeiro posto na categoría xuvenil para Mateo Gil. Nesta mesma categoría Diego Aragón era 6º e Hugo Santiago era 10º. Na categoría cadete, Álvaro Gómez quedaba no 6º posto, mentres que Dani Araújo entraba no 26º. Héctor Rodríguez era baixa a causa dunhas cambras nos xemelgos de ambas pernas.

Fotos: CNPO.

Artigos relacionados

Back to top button