DeportesÚltima hora

Intensa fin de semana para o Club Natación Pabellón Ourense

O club ourensán organiza a segunda xornada do “Nada-Corre” este domingo
Algúns dos triatletas da escola do CNPO.

Natación en Ponteareas e triatlón en Ourense. Son as dúas citas deportivas ás que se enfrontarán os deportistas do CNPO esta fin de semana.

Da sección de natación, serán 41 os pabellonistas que participen no Trofeo Amizade que organiza o club de Ponteareas (Pontevedra). A xornada dividirase en dúas sesións que comezarán ás 11 e 17 horas, para as categorías alevín, infantil, júnior e absoluto.

E con respecto á recen creada sección de triatlón, o CNPO estará representada por 11 deportistas na segunda xornada do “Nada-Corre”, organizada polo propio club coa colaboración do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo e da empresa AQUA Ourense “que facilitarán o uso das súas instalacións para celebrar nas súas inmediacións, esta proba de carácter escolar”, explican dende o Pabellón.

Á cita prevista para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, non faltará a elite do triatlón escolar de toda Galicia.  O evento comenzará ás 9:45h. do domingo 29 de xaneiro na piscina universitaria. A primeira proba será na piscian na que os participantes nadarán distancias dende os 50 ata os 400 metros, despois dirixiranse ao sector da carreira donde cubrirán a pé dende 200 a 2.000 metros.

Artigos relacionados

Back to top button