Continúan as variadas actividades que levan a cabo os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. Nesa semana entregaban outros 1.000 kg de pilas usadas na VI LIGA PILABOT. “Xa temos máis de 2.000 co obxectivo de bater o entregado en edicións anteriores”, aseguran. Ademais, contaron coa colaboración de Manuel do Plan Proxecta Naturézate que lles realizou dous obradoiros: un de papel reciclado co que elaboraron xoias; e outro no que realizaron un hotel de insectos.

Comezaban outra semana de hábitos saudables con froita; asistían a unha charla de concienciación do Plan Proxecta Clases sen Fume; e asistian á Pista Vermella de Barros Sibelo para retirar botellas e cabichas, ademais de xogar ao hoquei.


Fotos cedidas.



