DeportesÚltima horaVídeos

Intensa xornada de bolos en Punxeiro (Viana do Bolo)

A XXI edición do torneo por parellas reunía a 24 parellas de diferentes partes de Galicia

 

Dende as once da maña deste sábado 7 de agosto a localidade vianesa de Punxeiro celebra o XXI Torno de Bolos por Parellas. Trala anterior edición, na que unicamente participaban boleadores locais debido á situación da pandemia, neste 2021 o Club de Bolo Punxeiro decidía abrir de novo o campionato a clubs da bisbarra e a outros de diferentes partes de Galicia (Xove, Nigrán,…) e mesmo de Asturias.

 

Álex e Fermín do Club de Bolos Punxeiro.

 

“Aínda que temos que manter as medidas, xogar con mascarilla e ter toda a precaución e coidadado posible, intentaremos desfrutar do día e sobre todo que non se perda esta tradición”, aseguraba Fermín dende a organización. Unha tradición popular galega posta en valor por Luis Herrera, promotor do torneo de bolos falecido hai uns anos, cuxa memoria honran en cada edición.

Malia que a situación mellorou considerablemente con respecto ao ano pasado, cunha alta porcentaxe da poboación vacinada, aínda e moita a precaución e respecto que existe ante os posible contactos polo que nesta ocasión faltaron varias das parellas asiduas.

 

Un dos boleadores preparando a tirada.

 

Así e todo eran 24 as parellas asistentes. Pola mañá disputaban as rondas clasificatorias (seis tiros por parella nos tres campos), e xa pola tarde a competición propiamente dita coas parellas distribuídas segundo a puntuación na ronda previa, nos tres campos: A, B e C. E entre unha e outra fase, degustaban o tradicional xantar que este ano celebraban ao aire libre e mantendo as distancias, baixo unha carpa por se viña a chover.

 

Foto de familia dos participantes nesta edición.

 

A competición continuará ata ben entrada a noitiña.

 

 

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedido.

Artigos relacionados

Back to top button