A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Intensifícase a busca de ‘Moucho’, o veciño de San Xulián desaparecido dende o mércores pola tarde

 

Conforme pasan as horas diminúe a esperanza. “Xa non sei que pensar. Buscamos por todas partes e nada”, asegura Rosa, a irmá de Marino Fernández Macías (Moucho) o octoxenario veciño de San Xulián (A Rúa) desaparecido dende o mércores pola tarde.

Os medios oficiais de emerxencia (incluído helicóptero e unidade de Drons) así como os voluntarios de Protección Civil, especialmente da agrupación da Rúa, levan dous días de busca incansable polo pobo e o monte sen atopar, ata o de agora, nin rastro de Moncho que ten problemas de oído e visión, entre outros.

 

 

Unha busca que se intensificaba na mañá deste sábado 12 de novembro trala chamada de axuda da familia que solicitaban colaboración para realizar batidas hoxe e mañá.

A resposta foi boa e moita xente se foi sumando, aportando o seu gran de area, repartíndose en grupos para abarcar máis terreo. “Un grupo empezou dende o centro do pobo ata fóra, outros estiveron desbrozando e incluso nos desprazamos ata Somoza, a única zona que aínda non miraramos ben, porque do resto buscamos por todas partes pero de momento nada”, conta preocupada Rosa, adiantando que en caso de necesitalo, mañá seguramente conten con máis xente buscando.

https://youtube.com/shorts/MgSdFxRQUwY?feature=share

Fotos: Protección Civil A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button