CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Intenso e divertido sábado para os cativos de Parada de Sil

 

Os máis pequenos de Parada de Sil vivían unha xornada intensa de actividades o sábado 19 de agosto en Parada de Sil. Pola mañá acudían, xunto con maiores, a un taller de muralismo a prol da igualdade no que houbo unha grande participación. Alí amosaban a súa creatividade de mans de monitores especializados. Este obradoiro estaba incluído no programa “Ler conta moito”.

 

 

 

Xa pola tarde podían desfrutar de multitude de xogos organizados pola asociación Os noviñ@s, á que o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, felicitaba polas súas iniciativas e pola súa dinámica. E como non podía ser doutro xeito remaban cunha cea na que participaron 25 nenos, “todo un éxito neste concello”, destacan dende o grupo de goberno de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button