DeportesPescaÚltima hora

Interesantes xornadas de pesca para adultos e tamén nenos, con bos exemplares de troita

 

Dentro do normal, se presentaba o inicio de tempada para os membros do club de pesca desportiva Spinning Valdeorras. “Os primeros días as troitas están un pouco apáticas”, di o presidente, Daniel Prada, explicando que o seu metabolismo ralentízase co frio polo que “é normal que estén menos activas e sexa máis complicado dar con elas”, pero a medida que foi subindo a temperatura durante a semana “fóronse activando un pouco máis e pode que sexa un bo ano de pesca”, di Daniel, esperando ter polo menos bos caudais.

 

 

De momento a cousa non vai nada mal, tal como pode verse nestas imaxes con varios membros do club, entre eles o propio presidente, adultos e tamén nenos, con fermosas capturas en ríos e encoros.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button