DeportesÚltima hora

Introdución ás carreiras de orientación, este sábado 9 de novembro, no Barco

O curso de iniciación impartirase no pavillón de Calabagueiros a partir das catro da tarde

Baliza temporal de orientación nunha proba celebrada no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A orientación a pé é unha disciplina deportiva en auxe, promovida en Valdeorras polo Club Peña Trevinca Barco que este ano cumpriu 75 anos. De feito son cada vez máis os afeccionados e os bos resultados colleitados a nivel galego e tamén nacional, pero segue sen ser demasiado coñecido na comarca. Por iso, dende a sección de orientación do club organizaron para este sábado, 9 de novembro, un curso de iniciación.

O cursiño terá lugar no pavillón de Calabagueiros do Barco de Valdeorras a partir das 16h. e terá unha parte teórica para tratar aspectos básicos das carreiras de orientación; e outra práctica con exercicios físicos. Está pensado para personas a partir de 10 anos e é gratuíto, pero con prazas limitadas e por orde de inscrición. Os interesados en participar na actividade teñen ata o venres para apuntarse cubrindo o seguinte FORMULARIO.

Artigos relacionados

Back to top button