ConcellosÚltima hora

Irmandamento entre os santuarios da Virxe dos Remedios de Castro Caldelas e A Ermida (Quiroga)

 

Os Santuarios dos Remedios da Ermida (Quiroga) e de Castro Caldelas asinaba este domingo un convenio polo que se comprometen a celebrar senllas misas en honra á Virxe dos Remedios o día 8 e 12 de agosto, onde estarán xuntas as dúas tallas das patroas, así como todos os elementos de ambas romarías: o Meco, as Pampórnigas (unha parella de xigantes), o Irrio Peliqueiro e os exvotos, entre outros elementos da celebración barroca destas romarías históricas. Este acto tiña lugar no santuario quirogués.

 

 

“Desde hai uns anos estableceuse unha colaboración entre as igrexas de Caldelas e Quiroga- Courel que levaron ao estudo dos xacementos do Burgo de Caldelas, de San Xoán de Camba e da Ermida; así como de axuda mutua en celebracións como Semana Santa, Exposicións e outros actos”, sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, recordando ademais que a veciñanza da Ermida participaba activamente no devandito acto relixioso, mesmo coas figuras do Meco e das Pampórnigas; pola súa banda o concello de Castro Caldelas, participaba co Irrio Peliqueiro, acompañados por veciños de Castro Caldelas.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button