CulturaCulturaÚltima hora

Isabel González Corredoira, de Arcos, será homenaxeada este ano polos Amigos do Filandón

O acto, en torno a un xantar, terá lugar o 30 de abril a partir das 13:30 horas no Paladium (Vilamartín)

Isabel González Corredoira tocando o acordeón.

 

Retomando un acto que tradicionalmente viñan celebrando “para honrar a destacadas persoas da gran familia do Filandón”, en palabras de Xosé Lois Foxo, o vindeiro 30 de abril celebrarase no Complexo Paladium (Vilamartín de Valdeorras), a Homenaxe a Isabel González Corredoira, de Arcos, organizada polos Amigos do Filandón.

O programa comezará ás 13:30 horas coa chamada á festa polo corno celta de Xan de Vilar e Manolo de Outeiro; e xa a partir das 14 horas terá luar o xantar no que farán entrega da medalla do Filandón á homenaxeada e leranse poemas, entre eles o que Juan Corzo (veciño de Celavente, O Bolo) lle adica a Isabel. Tamén haberá actuacións espontáneas dos asistentes.

Tal como explican dende os Amigos do Filandón, Isabel é “unha figura destacada no eido da creación cultural e transmisión do saber popular, fonte inesgotable de coñecemento”, cunha gran bagaxe de cantigas e contos polos que lle renden esta homenaxe, como “paradigma da matriarca de Galicia, símbolo de entrega, simpatia sempre de mente aberta e moza”.

 

Artigos relacionados

Back to top button