OurenseÚltima hora

IV edición da Gala Contra o Cancro de Ourense, este venres no Auditorio

Rubén Riós e Lucía Rodríguez presentarán o acto que contará entre outros coa actuación de Lys Pardo, Vizcaíno e Pepe Capelán
Cartaz da IV Gala Contra o  Cancro de Ourense.
Cartaz da IV Gala Contra o Cancro de Ourense.

Despois de tres años enchendo o Auditorio Municipal de Ourense, a Gala Contra o Cancro regresa este venres, 18 de novembro, coa IV edición que arrancará ás 20:30 horas da man da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e Claqueta Coqueta. Os mestres de cerimonia serán Rubén Riós (actor e empresario ourensán, presentador nas anteriores edicións e coorganizador do evento) e Lucía Rodríguez (presentadora de televisión), que amenizarán a gala coas súas intervención para dar paso aos convidados.

A música correrá a cargo de Lys Pardo que presentará cancións do seu álbume “De familia”, unha oda ao legado do seu pai Juan Pardo, no que repasará clásicos do cantante como “Anduriña” ou “No me hables”. Co seu estilo rockeiro e desenfadado chegarán Monoulious Dop, un dueto musical de Outes que arrasaron na rede coas súas composicións propias e tamén versións de temas do verán como “Jalando” (versionando o “Bailando” de Enrique Iglesias). Tamén actuará Xabier Vizcaíno, o intérprete e compositor de O Incio que presentará cancións do seu disco “Alas de papel”. En representación dos artistas locais, a cantante Belén Monís e o pianista José Carlos González, cantarán temas inéditos e composicións propias, así como conocidas versións.

E da música ao humor que terá como abanderado a Pepe Capelán; e á danza, presente a través da escola de danza “Estilo Libre” que presentará perfomances e coreografías orixinais e xenuínas.

As entradas custan 5 euros anticipada e 8 na billeteira, sendo a recadación para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button