OurenseÚltima hora

Iván Ares regresa ao asfalto en Ourense

O equipo Ares Racing intentará subir ao máis alto do podio el Hyundai I20 R5 na 5ª cita do Supercampionato de España de Rallyes

 

Continúa o Campionato de España por terras galegas. Tras unha primeira visita a Santiago de Compostela co Rallye Terra da Auga, esta fin de semana dispútase a quinta proba da tempada, o 54 Rallye de Ourense. O certame regresa aos tramos de asfalto neste quinto round do ano no que Iván Ares e David Vázquez corren ante o seu público de novo, o que seguro lles dá un impulso extra nos complicados tramos ourensáns. Hyundai chega a esta cita na cabeza da clasificación de marcas.

O campionato regresa ao asfalto. Ata o momento disputáronse dúas probas nese piso, Sierra Morena e Villa de Adeje, e dúas en terra, Lorca e Terra da Auga. Os tramos do Rallye de Ourense teñen fama de ser dos máis complicados da tempada, e ademais espérase moita calor, o que incrementará as dificultades para os participantes. Ares, que gañou nesta cita en 2015, chega en terceira posición na clasificación de pilotos, e ante o seu público tentará relanzarse na súa pelexa polo título nacional.

 

 

O galego, que competiu en varias probas de autocros nas últimas semanas, explica que “estas participacións permítenme chegar a Ourense a lume de biqueira de mans. Sempre é bo facer quilómetros cun coche de carreiras. A previsión di que vai facer moita calor, polo que o primeiro que temos que pensar é en evitar deshidratarnos. É un rallye moi especial, e aínda que o gañei hai anos, nunca termino contento. Gústame, pero non acabo de atopar o truco aos seus tramos. En calquera caso chego con moitas ganas de sumar un bo resultado en asfalto despois da mala sorte que tivemos nas primeiras probas nesa superficie, e así poder progresar no campionato. Tras Ourense vou correr no Rally dei Roma Capitale do Europeo, xa que cheguei a un acordo con Hyundai Motorsport para facer tres probas dese campionato. As outras dúas serán Canarias e algunha de terra que aínda non decidimos. Estamos a desexar que chegue o coche novo, pero atrasouse a homologación ao 1 de agosto, e aínda non sabemos cando vai estar nas nosas mans. Estou a mirar de tentar escaparme a Ypres para poder ver en directo o debut deste coche”, comenta Ares.

O percorrido do Rally de Ourense repártese en dúas xornadas, venres e sábado, cun itinerario de 547 quilómetros e 10 tramos que totalizan 150 quilómetros cronometrados.

Artigos relacionados

Back to top button