Vintenove minutos e corenta e cinco segundos. É o tempo no que o barquense Iván Fernández (Adas-Proinor) completaba o circuíto de 9.000 metros da XIII Carreira da Feira do Viño de Quiroga na tarde do 14 de abril. Era o primeiro atleta en cruzar a liña de meta e lograba unha vantaxe de case un minuto sobre o segundo clasificado na proba absoluta, Esteban Iglesia (Lucus Caixa Rural Galega), mentres que Alberto Gutiérrez quedaba terceiro.
En categoría feminina a primeira corredora en rematar o percorrido era Ana Belén González Margaride (Hospital Polusa), mentres que Moni Novoa (Atletas Veteranos Ourense) era segunda e Eva Isabel, terceira.
O programa desta Carreira Popular da Feira do Viño de Quiroga, promovida pola Concellería de Deportes, comezaba coas probas das categorías base.
Fotos: Carlos G. Hervella.