AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Jacobo Senín lidera a primeira xornada da IV Subida a Valdeorras

O campión de España de Rallys TT, Félix Macías, domina a categoría de carrozados

 

A primeira xornada da IV Subida a Valdeorras, celebrada na xornada deste sábado 8 de outubro no trazado que une as localidades de Viloira e Santigoso no Barco de Valdeorras foi seguida por numerosa afección, tanto na praza durante a asistencia previa, como na carreira propiamente dita.

 

Félix Macías, líder provisional de carrozados, durante a subida.

 

A nivel deportivo, neste primeiro día de competición o piloto pontevedrés Jacobo Senín impuxo con autoridade a súa barqueta Nova NP01 ante o resto de rivais. A segunda posición provisional está en mans de Abraham Vázquez cun Silver Car S3 e a terceira é para Miguel Ángel Rodríguez cun Fórmula Outeda.

 

 

No apartado de turismos carrozados é Félix Macías, o actual campión de España de Rallyes TT, o que lidera a clasificación co seu Skoda Fabia Rally2, co que logrou marcar tempos entre os monoprazas que compiten na proba. A segunda posición provisional na xornada sabatina é para o Mitsubishi Lancer de Francisco Javier Ferrero, mentres a terceira ocúpaa Francisco Javier Sanz cun Ford Escort RS (primeiro na categoría de históricos e no Trofeo FullSlip).

 

 

Mañá domingo 9 de outubro celébrase a segunda xornada de competición. Será ás nove e media da mañá cunha manga de adestramento libre, que dará paso a unha manga de adestramento oficial. Seguidamente celebraranse as dúas carreiras oficiais, e finais, dunha proba que celebrará a entrega de premios ao fío do mediodía na praza de Viloira.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button