
Javi Rey estreouse como técnico no SD Melias e desenvolveu a primeira etapa da súa carreira en diversos clubs da Primeira Autonómica e a Terceira División de Galicia, cunha vinculación especial co CD Barco, equipo valdeorrés no que estivo á fronte en tres etapas distintas. A última delas concluíu en novembro de 2022, cando foi recrutado polo CD Arenteiro para competir en Segunda RFEF. Dous anos despois e tras unha brillante tempada, o técnico ourensán uníase á SD Ponferradina para comandar un novo proxecto deportivo en Primeira RFEF.

E será co equipo leonés co que volva pisar o campo municipal de Calabagueiros que tan ben coñece e no que tan ben acollido foi sempre pola afección barquense. Será o vindeiro 3 de agosto nun dos partidos amigables de pretempada da SD Ponferradina no que se medirá co recén ascendido Ourense CF.



