Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Javier Ramilo, vencedor na categoría car cross do IV RallyMix de Barbadás

A parella formada por Perfecto Calviño e Francisco García foi a gañadora en carrozados

A afección, os pilotos, a organización e mesmo o tempo, conseguiron que a IV edición do RallyMix de Barbadás, última proba do campionato galego celebrada esta fin de semana, fose “un éxito”.

En canto a resultados, despois das cinco mangas disputadas en dúas xornadas (sábado 4 e domingo 5 de novembro), na categoría car cross o primeiro posto foi para Javier Ramilo Queijo, seguido de Jesús López Fernández “Pijo” e Abel Jurado Palacio, que foi terceiro.

Na categoría de carrozados a primeira posición foi para a parella formada por Perfecto Calviño Prego e Francisco García Caridad, a segunda para Daniel Álvarez Rivas e Adrián Vázquez Bua e a terceira para Esteban Pérez Iglesias e Ezequiel Salgueiro Simoes.

Dende a Escudería Barbadás, organizadora do evento deportivo, destacan tamén a calidade dos pilotos ourensáns que foi “moi alta” e cun bo rendemento. O trofeo á mellor clasificada da escudería foi para a parella formada por Ana Domínguez e Magel Babarro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button