CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Jesús Cintora fala no Barco sobre “o risco da desinformación”

 

Licenciado en Comunicación pola Universidade de Navarra, Jesús Cintora é periodista, presentador de televisión e radio, escritor, conferenciante… presentando en televisión programas como Las mañanas de CuatroCintora a pie de calle y La línea roja (Cuatro, Mediaset); Carretera y manta (La Sexta, Atresmedia) e Las cosas claras (TVE).

 

 

E dous anos despois de No quieren que lo sepas (Espasa, 2022) volvía ao Barco de Valdeorras para presentar o seu novo libro El precio de la verdad, nun acto que tiña lugar na tarde do mércores 31 de xullo no Teatro Lauro Olmo.

Presentado pola concelleira de Cultura do Barco e ante numeroso público, Cintora falou da actualidad e dos medios de comunicación do funcionamento do periodismo por dentro, non só dos medios tradicionais senón das novas tecnoloxías “con tanta xente pendente do teléfono móbil e moitas familias preocupadas polo que se coce nas redes”. Dun xeito ameno e claro, falou de “quen paga a tinta e dos retos que supón a comunicación e o periodismo no presente e no futuro, ante o “risco da desinformación”.

 

 

O acto incluía unha rolda de preguntas, venda e sinatura de libros.

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button