
Nova vitoria para o valdeorrés Jesús Rodríguez León no LXVII Descenso Internacional Miño de Lugo-Campionato Galego Rios 20, que se celebraba neste 18 de maio. Así o K2 sénior do Fluvial Barco que este padexeiro compartía nesta ocasión con Francisco Vázquez era o primeiro en cruzar a liña de meta, tras os 18.000 m de percorrido. Completábanos nun tempo de 01:07:01,49.
Ademais o Fluvial Barco colleitaba outro título nesta competición da man de José Antonio Girón en Máster K1.