En portadaFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Jesús Rodríguez, imbatible no Descenso do Sil

O piraguista valdeorrés lograba a súa décimo terceira vitoria en K-1 nesta proba que reunía a uns 475 padexeiros no Barco

Non ten rival nesta proba. E así o demostran as trece vitorias que leva sumadas Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco) no Descenso do Sil en K-1 senior. A última, na tarde do 12 de setembro. “Foi o ano que máis me custou”, recoñecía nada máis cruzar a liña de meta desta proba, puntuable para o campionato galego de ríos, no Malecón barquense.

O club valdeorrés lograba ademais outros seis podios, un deles como segundo mellor club desta competición. Nesta 49ª edición o Descenso do Sil reunía a uns 475 padexeiros de clubs galegos, pero tamén de Asturias, Castela León e Madrid. Multitude de persoas se achegaban ás beiras do Sil, ou mesmo en embarcacións no propio río, para seguir o percorrido desta competición, con saída en Sobradelo e que cubre unha distancia duns 7 km ata O Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez
Máis información e fotos na edición en papel de outubro do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button