DeportesPiraguismoÚltima hora

Máis de mil padexeiras no nacional de piragüismo de promesas mozas, esta fin de semana en Castrelo de Miño

 

Esta fin de semana dispútase nas instalacións do Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, o Campionato de España de Piragüismo de promesas mozas e canoe, nas categorías de infantil e cadete.

Así, o parque náutico acollerá a máis de 1.000 padexeiras nunha competición que comeza hoxe, venres día 4, cos adestramentos. As probas disputaranse o sábado durante toda a xornada e domingo só pola mañá.

A distancia a percorrer para o control clasificatorio é de 2.000 metros para infantís e cadetes e para a final 3.000 e 5.000 metros, respectivamente para cadetes.

O deputado de representación institucional, Rosendo Fernández, acompañado polo asesor provincial de Deportes, Diego Enrique Álvarez, e mailo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, coñecía os detalles desta proba da man do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o delegado provincial, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button