DeportesNataciónÚltima horaVídeos

Jorge Espinosa (Club Natación Valdeorras), nunha das probas de augas abertas máis duras de España

Este nadador veciño do Barco está a realizar a Tripla Coroa Illas Atlánticas con 3 probas, na primeira delas de 15 km quedaba primeiro de grupo

 

Presenza valdeorreosa nunha das probas de augas abertas máis duras de España: a Tripla Coroa Illas Atlánticas na provincia de Pontevedra. Nesta competición (cun total de tres probas) participaba Jorge Espinosa do Club Natación Valdeorras, que percorría a nado a primeira das citas cun traxecto de 15km desde as Illas Cíes ata Baiona, nun tempo de 4h11min. Quedaba primeiro de grupo e 19º da clasificación xeral entre 160 nadadores de España, Francia, Portugal e Cuba dos que 15 tiveron que abandonar.

O nadador do C.N.Valdeorras amosaba o seu agradecemento e axuda durante os longos días de adestramento dos seus compañeiros de equipo Fernando Rebanal, Miguel Ángel Fernández e Eloy Rodríguez.

Quedan por diante agora as seguintes 2 edicións para completar o reto: 2023 Illa de Sálvora-Ribeira (19km) e 2024 Illa de Ons-Combarro (23km). En total a Tripla Coroa Illas Atlánticas suma 57 km a nado.

https://youtube.com/shorts/qFv4fM4NjYQ?feature=share

Fotos e vídeo cedidos polo Club Natación Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button