
O VI Reto Solidario ‘Quen non arrisca, non vive’, que unirá as dúas localidades irmandadas (A Rúa e Almendralejo) en tan só dúas etapas levarase a cabo do 4 ao 6 de abril, e suporá percorrer en bicicleta unha distancia aproximada de 650 quilómetros.
Mañá, venres día 4 chegará á Rúa o cicliste Pedro Hierro e resto de participantes que, trala recepción por parte do equipo de Goberno, farán unha pequena ruta simbólica xunto a membros do Club Ciclista Valdeorras por A Rúa, Petín e Vilamartín, se o tempo o permite.
E xa ao día seguinte, sábado día 5 de abril sairán de madrugada cunha primeira etapa que levará á comitiva ata Salamanca. O terceiro día, domingo 6 de abril, será a segunda e derradeira etapa ata Almendralejo.
O cartel deste reto, cuxo obxectivo é “concienciar sobre a importancia da saúde mental e recadar fondos para a Asociación de Ayuda a Familiares y Personas con Problemas de Salud Mental (FEAFES-Almendralejo)” era presentado na mañá deste xoves no Concello da Rúa por parte dos concelleiros Ana Fernández Vizcaya e José Vicente Solarat López.



