EconomíaEconomíaÚltima hora

José Antonio Rodríguez, reelixido presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao

A asemblea mostraba o seu apoio unánime á única lista que optaba á xunta directiva e que aglutina a un total 21 empresas, incorporando 3 novas e ao Parque Tecnolóxico

 

José Antonio Rodríguez Araújo vén de ser reelixido presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao co 100% dos votos emitidos, tras a celebración da asemblea extraordinaria desta tarde e na que se volveu a mostrar un apoio unánime á súa xestión. Araújo encabezaba a única lista que optaba á xunta directiva e que aglutina un total de 21 empresas, tres delas nova de nova incorporación, ademais do Parque Tecnolóxico. Con este novo equipo apóstase polo reforzo e a ampliación das firmas, sumando por igual a grandes e pequenas empresas, atendendo ademais á diversidade de actividades que conviven no Polígono.

Á fronte das dúas vicepresidencias continuarán as dúas empresas que as ocuparon durante o primeiros catro anos de mandato da actual directiva, Coren e Inplasor. Como secretario exercerá José Vilarchao, de Talleres Víper, e como tesoureiro Artur Yuste, do Grupo Cuevas. Xunto aos representantes das empresas anteriormente citadas, completan a xunta directiva os vogais José Ramón Deas, de Laddes Works; José Pérez, de Financeira Madeireira; Víctor Boo, de Carnicerías M. Boo; José Antonio Groba, de Faurecia Automotive; Mauro Outeiriño, da Rexión; José Enrique Rodríguez, de Rodríguez López Autos; José Ángel Lorenzo, de Construcións e Proxectos Lorenzo; Elena Pérez Canal, de Aceites Abril; Eloy González, de Disbegón; Alfonso Juanes Losada, de Ferramentas do Noroeste; Herminia Sampayo, de Plásticos Lamas; Ricardo Escolano, de Compoñentes Aeronáuticos Coasa; Anxo Garrido, de Aukor Automatización; María Teresa Rodríguez, de Crafluid; Javier Taibo, de Parque Tecnolóxico de Galicia e Ana María Pérez, de Taller Mecánico Craf.

O actual presidente afrontará, polo tanto, o seu segundo e último mandato de catro anos cun equipo esencialmente continuista, pero que ao mesmo tempo se reforza e amplía coa incorporación das empresas Carfluid, Laddes Works e Taller Mecánico Craf, ademais da Tecnópole.

 

 

Así se refería o presidente ao seu equipo na asemblea. “Todos saberemos estar á altura para afrontar os novos retos. E é que, a pesar das adversidades, moitos dos obxectivos que nos marcamos fai catro anos cumpríronse en maior ou menor medida. E agora espero que nesta nova etapa síganse concretando e sigamos avanzando en eles”. No seu discurso, Rodríguez Araújo citaba algúns dos logros deste últimos catro anos como ter conseguido “sacar adiante proxectos de transcendental importancia para o polígono, por exemplo a súa ampliación. Neste sentido, cabe destacar a recente confirmación do conselleiro de Economía de que os traballos de urbanización para esta ampliación iniciaranse en 2023. Tamén cobra relevancia a aprobación do uso loxístico a toda a área industrial, ademais da mellora continua de servizos que para nós son unha enorme vantaxe competitiva, como a seguridade ou o servizo de bombeiros”.

Tamén nunha mirada cara ao futuro é destacable a Creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, coa previsión de que a súa construción termine a finais de 2025. Promoverase así a retención de talento especializado e darase resposta aos posibles incidentes de ciberseguridade.

Rodríguez Araújo comprometeu todo o seu esforzo para apoiar aos empresarios nun contexto económico complexo: “Volvo comprometer neste discurso o meu esforzo incondicional para sacar adiante cuantos temas temos sobre a mesa e calquera outro que se poida expor e sexa de interese para todos”. Tamén fixo un chamamento á unión e ao diálogo para seguir facendo do Polígono un referente.

Artigos relacionados

Back to top button