DeportesÚltima hora

José Fernández Márquez (Adas do Barco), no nacional máster de medio maratón

Ademais o seu compañeiro de club Iván Docampo, competirá na proba de 5 km como absoluto

José Fernández, no podio nunha proba desta tempada./ Foto: A.R.

 

A localidade valenciana de Javia acollerá a vindeira fin de semana un novo campionato estatal de medio maratón e 5 km. Nesta edición, á que tamén acoden atletas másters, tomarán parte un total de catorce atletas galegos na procura de bos resultados.

José Fernández Márquez do ADAS Cupa do Barco, na categoría M50, é un dos atletas importantes que se dan cita na proba, onde loitará para volver a reeditar o título nacional logrado en Sagunto fai dous anos. Ademais o seu compañeiro de club Iván Docampo, competirá na proba de 5 km como absoluto.

Na categoría masculina, especial atención ao internacional Alejandro Fernández do ADAS Calviá, en cuxo currículo destaca o campionato nacional dos 10K no 2015. O obxectivo do ourensán será intentar ocupar un posto de podio que o ano pasado estivo a piques de lograr na categoría M35.

Por último, Javier Paredes do Ourense Atletismo estará na pelexa polos postos importantes como xa fixera na edición do ano 2019 desenvolta en Ortigueira na que lograba o bronce nacional.

 

 

Entre as desprazadas destaca tamén a presenza da olímpica e plusmarquista nacional dos 5.000 m. Julia Vaquero da S.D. Compostela quen tomará parte na proba de media marathon. A emblemática deportista sairá na categoría F50 onde xa o ano pasado lograba proclamarse subcampioa nacional. Xunto á guardesa tamén poderemos presenciar a actuación da internacional Edymar Brea, segunda clasificada no campionato nacional dos 10.000 m. celebrado o ano pasado en Torrevieja.

 

O ourensán Alejandro Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button