DeportesÚltima hora

José Hervella, da Escola Deportiva de Trives, subcampión galego Sub12 nos 1.000 m

O seu compañeiro Martín Rey lograba unha décima posición na proba autonómica de 2.000 m Sub14

 

Os atletas da Escola Deportiva de Trives, que adestra Tino Sierra, seguen sumando podios galegos. Neste domingo 28 de marzo acudían ao Campionato galego de categorías menores en Pontevedra no que vestían de novo a camiseta do Adas e lograban unha nova medalla.

Viña da man de José Hervella Álvarez, que se proclamaba subcampión galego na proba de 1.000 m. Sub12 cunha marca de 3:11.51.

Ademais Martín Rey tomaba a saída na carreira de 2000 m Sub14, logrando un rexistro de 8:00.94, o que lle permitía mellorar a súa marca persoal e situarse no posto 10 da proba.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button