En portadaGalerías de fotos

José Manuel Vieito e Soledad Castro, ganadores do galego de medio maratón en Petín

Uns oitenta atletas tomaban a saída as once da mañá do 20 de setembro na praza desta vila valdeorresa

Dura, pero moi vistosa. Era a impresión na que coincidían os atletas tras completar o VI Medio Maratón Vila de Petín, que se desputaba na mañá do 20 de setembro e que nesta edición volvía ser campionato galego nesta distancia. O programa comezaba ás dez e media da mañá cunha andaina que partía da praza de Petín e, media hora despois, dábase á saída á competición galega na que participaban uns 80 corredores.

O primeiro en completar o percorrido desta cita (que discurre polos municipios de Petín, A Rúa e Vilamartín e concluía na praza petinesa) era José Manuel Vieito Vilacoba do Club Atletismo Sar, cun tempo de 1:14:20. A primeira muller en cruzar a liña de meta era María Soledad Castro Soliño (Comesaña Sporting Club), cun tempo de 1:28:50 e que se situaba no posto 15 na clasificación xeral. O mellor resultado valdeorrés no galego conseguíao Hugo Sánchez, terceiro en senior e quinto na clasificación xeral.

A proba, que contaba coa asistencia do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; remataba coa entrega de premios e cun xantar na pista do Tele Club de Petín para todos os participantes na andaina e no medio maratón. A organización deste evento deportivo corría a cargo do Concello de Petín en colaboración coa Asociación Fonte Grande e coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button