EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

José Ramón Rodríguez Castellanos, novo presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

Pleno do C.R.D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste venres 10 de marzo os novos vogais electos que conforman o Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras tomaban posesión dos seus cargos e reuníanse por primeira vez neste mandato, na sé do organismo, nunha sesión na que se decidiu nomear a José Ramón Rodríguez (Adega Joaquín Rebolledo S.A.), como novo presidente da entidade. A sesión foi presidida por José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Consellería do Medio Rural.

Como vicepresidente primeiro foi escollido Roberto Fernández, vogal en representación de Adega A Coroa S.A.T. e como vicepresidente segundo, Antonio García, do Sindicato Labrego Galego. Finalmente, como vicepresidente terceiro o Pleno elixiu a Manuel Fernández, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.

 

Roberto Fernández, vicepresidente 1º, Manuel Fernández, vicepresidente 3º e Antonio García, vicepresidente 2º./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como representantes do sector produtor, censo A, tomaron posesión dos seus cargos como vogais Iván Rodríguez (da Candidatura Viticultores Independentes de Valdeorras), Antonio García (en representación do Sindicato Labrego Galego) e Ricardo Dobao (tamén de Viticultores Independentes por Valdeorras).

En representación do sector industrial, censo B, recolleron as credenciais como vogais José Guitián, en representación da Bodega Santa Marta S.A.T, Roberto Fernández, en representación da Adega A Coroa S.A.T. e José Luis Bartolomé, en representación de Bodegas Godeval S.L.

Finalmente, en representación do sector cooperativo, censo C, recolleron as súas actas como vogais Manuel Fernández, da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, e Carlos Aristegui, da Bodega Cooperativa Virxe das Viñas.

 

José Ramon R. Castellanos, novo presidente do C.R.D.O. Valdeorras.

 

Nado en 1978 na Rúa, o novo presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, está vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A., que codirixe dende o ano 2009. É unha das máis antigas e emblemáticas do territorio amparado. Fillo e neto de viticultores, José Ramón conta cun Grado Superior de Música e posúe un Mestrado en Dirección de Empresas Agroalimentarias. Dende o ano 1999, é funcionario da Consellería de Educación e actualmente dá clases no IES 12 de Outubro de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button