OurenseÚltima hora

Juan Bouzo, veciño de Castro Caldelas, celebra os seus 101 anos

 

Castro Caldelas celebraba hai uns días con moita ledicia o nacemento de novos nenos e onte tamén festexaba “con máxima alegría” o aniversario de Juan Bouzo que cumpría 101 anos, tal e como destaca a alcaldesa Sara Inés Vega.

Juan Bouzo reside na Residencia do Maior da vila de Castro Caldelas dende hai algo máis de 4 anos. “Juan é un home de mundo, gran conversador e cheo de vivencias na súa dilatada vida como emigrante, logo residente en Ferrol e Ourense, ata que a morte da súa dona lle fixo tomar a decisión de pedir praza nun Centro Público. E chegou a Castro Caldelas!. Según el dí: Chegóu a súa casa, a xente e moi amable, o trato do personal e veciños é excelente, cómese moi ben, a vila é moi fermosa e quero finar nesta terra“, conta Sara Inés Vega.

Este centenario acostuma pasear cada día polas rúas da vila, e moi a miúdo vai a buscar á alcaldesa o seu despacho para ir a tomar un café a algún dos bares do centro. Onte era agasallado polo persoal do Centro do Maior e tamén pola rexedora caldelá e a concelleira de Benestar Social, que felicitaban ao centenario e tamén transmitían os seus parabéns “ao seu fillo, nora e netos que a menudo o visitan e acompañan pola vila de Castro Caldelas”.

Os compañeiros disfrutaron ao seu carón, entre risas e brincadeiras, deste home con enorme retranca e gran experiencia de vida.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button