A ourensana Elena Pazos logra o segundo posto na XXXIII Olimpíada Galega de Química deste ano tras presentarse polo distrito universitario de Vigo. A moza é alumna do IES Blanco Amor de Ourense e está previsto que se desprace mañá ata a madrileña cidade de Alcalá de Henares, onde se enfrontará a outros competidores na fase nacional.
Esta mañá recibiu un diploma e o seu correspondente galardón en Santiago da man do director Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, xunto a outros oito compañeiros participantes polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo.
A décimo terceira edición da Olimpíada Galega de Química xuntou un total de 139 alumnos e alumnas procedentes de máis dunha trintena de centros educativos de todo Galicia, e ten como obxectivo fomentar as vocacións pola química entre os máis mozos. Este acto de entrega de galardóns aos premiados tamén se coordinou coa XXXII Olimpiada de Física.