ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Labores de desinfección no municipio de O Bolo

A tarefa levábase a cabo coa colaboración de Protección Civil, o Concello e adegueiros e viticultores cos seus tractores

 

Dous días despois de que un grupo de viticultores, adegueiros e agricultores colaboraran con Protección Civil da Rúa na desifección das rúas do municipio cos tractores atomizados, repetíanse os labores, pero desta volta no concello de O Bolo.

Na tarde deste venres 27 de marzo, completábase á desinfeción de estradas e espazos públicos deste concello valdeorrés. Con saída na área de servizo de Lentellais e coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo e do Concello, os tractores espallábanse por todos e cada un dos 28 pobos do municipio, limpando e desinfectando para loitar contra o coronavirus.

Dende o Concello de O Bolo agradecen o labor desinteresado que levaron a cabo na xornada de hoxe. “Así dá gusto facer cousas”, asegura o tenente de alcalde. Ademais del e dun traballador do Concello e o seu fillo, colaboraron no traballo membros de Protección Civil e Bodegas Rafael Palacios (de quen partíu a iniciativa); Viña Corzo; e Adega Telmo Rodríguez ademais de varios viticultores a nivel particular (Daniel e Raquel de Chandoiro, Santiago e Manolo de Chandoiro, Vicente de Outar de Pregos, Baldomero de Chandoiro e Laudino de Outar de Pregos).

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button