Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Lactación materna e alimentación complementaria, nunha charla no Barco

Formaba parte do programa da 4ª Semana da Lactación Materna que promove a Asociación De Nai a Nai

A alimentación infantil adecuada, segundo as últimas tendencias, analizábase no decurso da conferencia coa que se abría o programa da 4ª Semana da Lactancia Materna no Barco, promovida pola Asociación De Nai a Nai. Era unha charla aberta dirixida por Lorena Prada, enfermeira e asesora en lactación materna.

Na súa exposición, que tiña lugar no local da asociación no Barco, explicaba as vantaxes da lactación materna e tamén como debía realizarse o proceso de ir incorporando alimentos complementarios na dieta do neno. Con esta alimentación a maiores do leite materno perséguense dous obxectivos: “aportarlle ferro e zinc ao neno” e “que se vaia acostumando ás texturas e sabores e que aprenda a comer por si mesmo”, indicada Lorena Prada. Tamén sinalaba que este tipo da alimentación complementaria debe facerse á “demanda do meniño” e que a “idade crítica para introducir alimentos sólidos é dos dez meses”.

Esta charla era a primeira das tres actividades incluídas na Semana de Lactación materna. A seguinte cita será unha conferencia de Aurora Rodríguez, matrona e asesora de lactación, quen falará o vindeiro 7 de outubro ás 18:30h. sobre “Os riscos de non aleitar: ecolóxicos, económicos e de saúde”. Será tamén no local da asociación (rúa Academia Dequidt, 6, 2º, no edificio da biblioteca).

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button