OurenseÚltima hora

Lactouros retoma as súas actividades cunha xornada de sendeirismo por terras do Ribeiro

Unha das vivendas do castro de San Cibrao de Las./ Foto: A.R.

O sábado 23 de abril a Asociación de Micoloxía Os Lactouros de Monforte realizará unha excursión aberta ao público para coñecer a paisaxe e as potencialidades da comarca ourensá do Ribeiro.

Dentro desta xornada, que se iniciará ás 8h. coa saída en autobús desde as casitas da Compañía, realizarase unha camiñada de 15kms e dúas visitas guiadas, unha á Adega Priorato de Razamonde, da D.O. Ribeiro, e outra ao Castro de San Cibrao de Las, unha das mostras máis destacables da cultura castrexa na Galiza.

A participación é aberta a todos os públicos até completar as prazas. A inscrición pode facerse por tf no n. 671473982 e ten un custode 20€ (este custo inclúe traslados en autobús e as visitas guiadas).

Artigos relacionados

Back to top button