EconomíaEconomíaÚltima hora

Lápidas e loito pola situación da hostalaría en Xinzo, ao paso da Volta a España

 

Aproveitando o paso da Volta ciclista a España pola vila de Xinzo de Limia no mediodía deste 5 de novembro, un cento de persoas manifestánbanse en contra das últimas medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia con relación á hostalaría no marco da crise sanitaria do Covid. Entre os manifestantes estaban donos de establecementos e traballadores, así como veciños que quixeron amosar o seu apoio a este sector.

Como símbolos do seu malestar usaban lápidas, tumbas e globos de cor negra, metaforizando a morte da hostalaría, xunto coa de moitas familias que viven dela, así como a do tecido económico da vila. O da hostalaría é un dos sectores con máis peso na economía de Xinzo, abranguendo a case un 40% da poboación, direta ou indiretamente.

Os manifestantes considera que a falta de axudas, “tanto a nivel autonómico como municipal, neste sector, fai prever o peche de moitos establecementos ou a extrema carencia de economía que sufrirán moitos dos locais”.

Por iso, dende o colectivo hosteleiro limiao, con esta acción, pídese ás autoridades que reflexionen e lexisten “xustamente ás diferentes administracións, municipais, provinciais, autonómicas ou nacionais, artellando aportacións e axudas para o sector, ideando medidas de restrición que non só afecten ao sector hostasleiro e, sobre todo, tendo “sentidiño” a hora de criminalizar e pechar o modo de vida de unha grande parte da poboación do concello de Xinzo”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button