Coincidindo co Día de Rosalía a plataforma en defensa da lingua “Queremos Galego”, convocaba unha manifestación en Santiago de Compostela.
Alí, na mañá deste domingo 23 de febreiro, numerosas persoas entre as que había xente de Valdeorras, participaban na marcha que baixo o lema “Lingua vital xa!” saía da Alameda e remataba na praza do Obradoiro, co obxectivo de “transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora”.
Ondeando bandeiras e pancartas con mensaxes como “polas fillas dos nosos fillos” ou “serei inmortal se ti me falas”, os asistentes accedían á praza nun acto no que non faltaron os bailes nin o son da gaita.
Fotos cedidas.