ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

A Pobra de Trives desfruta co paso da Volta a España

 

O concello da Pobra de Trives e moi especialmente a vila, foi un dos grandes protagonistas da xornada do xoves 29 de agosto, cando se celebraba a etapa 12 da Volta a España entre Ourense Termal e a Estación de Montaña Manzaneda.

Xa antes das catro da tarde, co paso da caravana publicitaria, os afeccionados comezaban a posicionarse nas beirarrúas da estrada xeral da vila, xusto no cruce no que collían o desvíu dirección á meta.

 

 

A afección é moita e así quedaba demostrado con numeroso público que, unha hora máis tarde aplaudía ao paso dos ciclistas, primeiros dos escapados entre os que estaba o aragonés Pablo Castrillo que máis tarde vencía na estación de montaña, e despois do pelotón.

Un gran ambiente que, malia ser efímero pola velocidade coa que pasan os ciclistas profesionais, pagou a penea vivir.

 

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button