CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Lardeiros con versos en Manzaneda

Publicidade
Foto cedida.

 

Malia á tristura da veciñanza de Manzaneda por non poder celebrar este ano o Entroido, asoman xestos carnavalescos propios desta terra como son o Lardeiro e a Lardeira, coas súas mascarillas. Neste caso son os da residencia de maiores, cos seus correspondentes versos, entre eles os que seguen.

Este ano o Entroido
Chegou un pouco cambiado
Pero non podíamos quedar
Na Residencia sen celebralo.

Xa chegaron a Residencia
o lardeiro e a lardeira
Este ano non hai Fulión
Celebramos de outra maneira.

Sen dúbida, un xeito de simóblico expresar o forte sentimento que senten por esta tradición, interrompida desta volta polo Covid, os veciños de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button