ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Larouco celebra o día grande das festas na honra a Santa María dos Remedios

Hoxe o baile correrá a cargo da cargo da orquestra Salsanera que actuará en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada ao son da disco móbil Chocolate

 

O programa comezaba onte co campionato de petanca, baile co trío Nostalgias e unha festa de dj’s no bar da festa, pero  é hoxe, venres 8 de setembro, cando Larouco vive o día grande das festas patronais na honra á Virxe dos Remedios. O acto central era a procesión coa imaxe da Virxe que saía da igrexa parroquial ás 13h. percorrendo boa parte da vila acompañada polo grupo de gaitas de Abertal e numerosos devotos. De volta na igrexa tiña lugar a eucaristía cantada polo coro da parroquia de Santo Estevo, na Rúa.

 

MIsa dos Remedios en Larouco.
Coro da parroquia de Santo Estevo na Rúa.

 

Á saída da misa, veciños e visitantes desfrutaban da sesión vermú nos bares do pobo e pola tarde o baile correrá a cargo da orquestra Salsanera que actuará en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada ao son da disco móbil Chocolate.

 

A alcaldesa de Larouco Patricia Lamelas, durante a misa.
Veciños de Larouco celebrando os seus aniversarios.

 

Lonxe de rematar a festa continuará mañá, sábado día 9 de setembro. Ás 16 horas haberá campionato de tute e a partir das cinco, tarde de xogos infantís. E xa pola noite, a partir das nove haberá unha pancetada popular con sorteo de rifas, e baile en sesión de tarde e verbena con Disco Stuu.

 

Preparando o xantar de festa.

 

Fotos e vídeo:  Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button