
Con cultos, actividades infantís, música e mesmo unha cea popular, se presentan este ano as festas de Larouco na honra a Santa María dos Remedios, que se celebrarán do 8 ao 10 de setembro.
O programa arrancará o xoves 8 de setembro cun pasarrúas xa de boa mañá. Ás 12:30 horas terá lugar a procesión seguida da eucaristía na honra á patroa do pobo. Ese día a sesión vermú estará amenizada pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense; e xa pola tarde, o baile e a verbena correrá a cargo da orquestra Estrellamar.
Para o día seguinte está prevista unha sesión vermú coa charanga CLK; e pola tarde, tralo obradoiro con pinta caras, en torno ás 21 horas terá lugar a cea popular a base de paella (5 euros o prato) co acompañamento musical tanto na sesión de tarde como verbena, da discomovida A Boa Festa. A partir das tres e media da madrugada pinchará un dj.
E así chegaremos ao derradeiro día de festas. A sesión vermú correrá a cargo da charanga CLK e pola tarde será o turno para o deporte cun divertido e animado partido de fútbol de homes contra mulleres (17 horas). Pola tarde celebrarase tamén un concurso de tortillas de pataca, un campionato de tute e outro de petanca. O baile estará garantido coa discoteca móvil A Gramola en sesión de tarde (21 horas) e verbena (01 horas), co fin de festa a cargo dun dj.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.