ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Larouco honra á Virxe dos Remedios con cultos, música e unha cea popular

O programa das festas comezaba o xoves 8 de setembro e remata hoxe, sábado día 10

 

Dende o xoves 8 de setembro celebran en Larouco as festas na honra a Santa María dos Remedios. O programa comezaba ese mesmo día cun pasarrúas xa de boa mañá e ás 12:30 horas ttiña lugar a procesión seguida da eucaristía na honra á patroa do pobo cantada polo coro das Ermitas e veciñas de Larouco.

 

Misa na honra á Virxe dos Remedios.

 

Ese día a sesión vermú estivo amenizada pola Banda de Gaitas de Fuentes Nuevas xa que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense prevista incialmente, non pudo asistir; e xa pola tarde, o baile e a verbena corría a cargo da orquestra Estrellamar.

 

O párroco de Larouco, Jose Fdez. de Abajo durante a homilía.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as sete últimas da galería que son cedidas.
Vídeo: Carlos G. Hervella.

Unhas 330 persoas na cea popular

Onte, venres 9 de setembro, a charanga CLK fixo a sesión vermú; e pola tarde, tralo obradoiro con pinta caras, en torno ás 21 horas tiña lugar a cea popular a base de paell, á que asistían unhas 330 persoas, co acompañamento musical tanto na sesión de tarde como verbena, da discomovida A Boa Festa.

 

Preparando a paella. /Foto cedida.

 

E así chegamos ao derradeiro día de festas. Hoxe, sábado 10 de setembro, a sesión vermú correrá a cargo da charanga CLK e pola tarde será o turno para o deporte cun divertido e animado partido de fútbol de homes contra mulleres (17 horas). Pola tarde celebrarase tamén un concurso de tortillas de pataca, un campionato de tute e outro de petanca. O baile estará garantido coa discoteca móvil A Gramola en sesión de tarde (21 horas) e verbena (01 horas), co fin de festa a cargo dun dj.

 

 

 

Vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button