Continúan chegando boas novas deportivas para Valdeorras dende Tokio. A selección nacional feminina de waterpolo con Laura Ester Ramos (con orixes en Correxais, Vilamartín) na portería, continúa con paso firme nos Xogos Olímpicos tras superar con comodidade a China en cuartos de final (11-7) tras finalizar primeira de grupo.
Así o equipo que dirixe Miki Oca métese de cheo nas en semifinais, a un só paso das medallas. Alí enfrontaranse ao gañador do Hungría-Países Baixos este xoves 5 de agosto ás 12:50 horas.