SanidadeÚltima horaVídeos

Lazo humano contra o cancro, no Hospital Público Valdeorras

 

Co obxectivo de “aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para seguir avanzando na prevención e control da enfermidade”, cada 4 de febreiro se celébrase o Día Mundial contra el Cancro.

Para conmemorar a data, na mañá deste mércores 2 de febreiro a Asociación Española contra o Cancro en Ourense convocaba a sanitarios, pacientes e poboación en xeral a formar lazos humanos nos exteriores dos tres hospitais públicos da provincia: Universitario de Ourense, Verín e Valdeorras.

 

 

As imaxes da galería corresponden ao formado na entrada do Hospital Público Valdeorras. Alí lían o comunicado no que se asegura que aínda se está a tempo de aumentar a porcentaxe de supervivencia e vencer ao cancro, se se actúa dende agora e toda a sociedade, dende a poboación en xeral ás institucións, empresas, partidos políticos e sociedades científicas.

Calcúlase que en 2030 21,6 millóns de persoas serán diagnosticadas de cancro, das cales máis de 330.000 serano en España segundo os datos do Observatorio do Cancro, polo que antes de rematar co berro de “todos contra o cancro”, desexaban poder revertir esas previsións e que nesa data “non haxa unha de cada tres mulleres e un de cada dous homes con cancro”.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button